•  
  • ';
  •  

Como funciona?

Os intercambios que se realicen dentro do ámbito de actuación do Banco de Tempo son de carácter voluntario e non suporán vinculación laboral das persoas que desenvolvan estes servizos co Concello de Vilagarcía de Arousa nin coas outras persoas definidas como usuarias deste programa.

A principal característica destes intercambios é que non media en ningún momento o diñeiro. A cuantificación do intercambio é o tempo, con independencia do servizo que se ofreza ou se demande. Será cuantificado como media hora os servizos cunha duración igual ou inferior a 30 minutos e cuantificaranse como unha hora todos aqueles servizos cunha duración entre 31 e 60 minutos.

A persoa que se inscribe no Banco de Tempo conta cun crédito inicial de 3 horas e poderán ofrecer un máximo de 10 horas ao mes, e á súa vez deberán demandar o mesmo número de horas. O balance entre as horas ofertadas e as demandadas non poderá superar as 5 horas, polo que ata estar compensadas as horas ofertadas/recibidas non se poderá ofertar/demandar.

O intercambio ou préstamo de obxectos farase partindo do principio de equidade e respecto. As persoas socias que queiran participar deste servizo deberán necesariamente incorporar algún ben propio ao sistema de préstamo.

Para o correcto funcionamento do Banco, establécense unha serie de obrigas e dereitos e un procedemento sancionador, de ser preciso, e mesmo establécense unhas normas para darse de alta pero tamén de baixa.

Podes consultar un extracto do regulamento ns seguinte documento:

Réxime Interno e Normas de Funcionamento